Así son las Mañanas| Mediodía COPE| La Atalaya| La Linterna| Tiempo de Juego| El Partido de las 12| La Noche de COPE| Dos Días Contigo
OURO DOCE EN FUSIÓN PREMIA AL MEJOR COCINERO DE GALICIA

Foz estará representado en un concurso gastronómico a través de un alumno del IES

Un alumno del IES de Foz ha sido elegido finalista del concurso gastronómico “Ouro Doce en Fusión”, dirigido a la alta gastronomía. La creatividad a la hora de emplear la miel y la presentación han sido el argumento más destacado por el jurado para realizar la preselección de los finalistas.

comentar  |   imprimir
- 22-02-12

O Consello Regulador da Indicación Xeográfica Protexida, Mel de Galicia, vén de publicar os finalistas do concurso gastronómico “Ouro Doce en Fusión”. Arantxa Costas e Manel Oliveira do Restaurante Don Chiringo en Vigo e Tapería Castelao en Santiago, respectivamente na categoría profesional. Sergio Carrete  e  Sonia Pillo do  I.E.S de Foz e I.E.S. Fragas do Eume na  categoría estudiantes.

A final terá lugar o vindeiro 27 de febreiro no Fórum Gastronómico. Aquí elexirase ao mellor cociñeiro de Galicia de Ouro Doce en Fusión. Será aquí cando os finalistas elaboren as receitas coas que foron seleccionados ante o mesmo xurado que realizou a preselección e valorarase  a presentación, orixinalidade e o sabor das mesmas. Desta final, só un gañador por categoría terá a oportunidade de realizar un “Show Cooking” no Auditorio do Fórum Gastronómico de Santiago, onde elaborarán as xoias gastronómicas galardoadas ante a prensa e os invitados asistentes.

O gañador de cada categoría: profesional e estudiantes, será obsequiado cun lingote de ouro, un mandil profesional confeccionado por “Koala Internacional” e unha figura conmemorativa da prestixiosa diseñadora de vidro: “Rosa Mëndez”, ademais de brindarlle a posibilidade de subirse ao escenario co seu propio “Show Cooking” no mellor escaparate enogastronómico da franxa atlántica, o Fórum de Santiago 2012.

 

O Departamento de Hostelería do IES de Foz prepara unha excursión ao Fórum Santiago para o mesmo día co fin de que os alumnos/as coñezan e participen das diferentes conferencias, stands…e apoien ao seu compañeiro: Sergio Carrete.


Línea Editorial COPE
PUBLICIDAD
Los Pasillos del Poder
PUBLICIDAD
© Cadena COPE 2010
Radio Popular S.A. - COPE. CIF A28281368, C/ Alfonso XI, 4. 28014, Madrid. Todos los derechos reservados. Aviso Legal